
Enxeñaría e automatización
Automatización industrial: PLC, HMI e SCADA
Programamos autómatas, pantallas HMI e sistemas SCADA, conectamos a planta con redes industriais e deixámola accesible en remoto. A enxeñaría eléctrica e os cadros facémolos nós, tanto para a pequena como para a gran industria.
Control de procesos
Programación de PLC e autómatas
Realizamos proxectos de automatización industrial en todas as súas fases, desde o estudo previo ata a posta en marcha, con autómatas e controladores dos principais fabricantes.
- Siemens
- TIA Portal
- S7-1200 / S7-1500
- Allen-Bradley / Rockwell
- Schneider
- ABB
- Omron
PLCAutómatas (PLC)
Programación de autómatas e controladores para o control de máquinas e procesos, incluídos Siemens S7-1200 e S7-1500 con TIA Portal.
DCSControl distribuído (DCS / SCD)
Arquitecturas con varios controladores comunicados entre si que reparten o control do proceso.
Supervisión
Pantallas HMI e sistemas SCADA
Programamos as pantallas coas que o operador manexa a máquina e os sistemas SCADA que supervisan toda a planta desde un posto central, con históricos e alarmas.
HMIPantallas tácteis de operador (HMI)
Pantallas de operación a pé de máquina para controlar a máquina ou o proceso de forma sinxela.
WinCCSCADA con Siemens WinCC
Pantallas HMI e supervisión de planta en contornas Siemens.
FactoryTalkSCADA con Rockwell FactoryTalk
Pantallas HMI e supervisión de planta en contornas Allen-Bradley / Rockwell.
Comunicacións
Redes e comunicacións industriais
Comunicamos autómatas, pantallas, variadores e periferia mediante buses de campo e protocolos industriais, e levamos os datos da planta ata o sistema de supervisión.
- Profinet
- Profibus
- Modbus RTU
- Modbus TCP
- EtherNet/IP
- OPC UA
- MQTT
Se ademais queres rexistrar e visualizar os datos de produción, consulta o noso servizo de dixitalización industrial.
Acceso remoto
Teleservizo, acceso remoto e telecontrol
Deixamos a instalación accesible en remoto para diagnosticar e resolver incidencias sen desprazarnos, e transmitimos datos e alarmas cando a instalación está lonxe ou repartida en varios puntos.
- Teleservizo: acceso remoto ao PLC e ao HMI por VPN con routers industriais
- Routers 4G/5G con VPN
- Telecontrol e aviso de alarmas por GSM
- Radioenlaces punto a punto para transmitir datos a distancia
- Teleasistencia técnica
Ciberseguridade
Ciberseguridade industrial (OT)
Unha planta accesible en remoto ten que estar protexida. Separamos a rede de control (OT) da rede de oficina e de internet, e con devasas (firewalls) limitamos quen accede e a que equipos.
- Segmentación de redes OT
- Devasas (firewalls)
- Acceso remoto por VPN
Accionamentos
Variadores de frecuencia e servoaccionamentos
Integramos na automatización de máquinas e procesos variadores de frecuencia (AC), accionamentos de corrente continua (DC) e servoaccionamentos, controlados desde o autómata.
- ABB
- Siemens
- Allen-Bradley
- LS
- Vacon
- Schneider
- Danfoss
Se un equipo se avaría, tamén nos encargamos da reparación de variadores.
Oficina técnica
Do esquema ao cadro
A nosa oficina técnica deseña os esquemas eléctricos con programas profesionais como EPLAN e AutoCAD, con todo o necesario para fabricar, montar e manter a instalación.
- Esquemas eléctricos con referencias cruzadas
- Listaxes de borneiros, compoñentes e mangueiras
- Deseño de armarios
- Redacción de proxectos e legalización
Os cadros fabricámolos no noso propio taller: consulta cadros eléctricos e ATEX.
Como traballamos
Proxectos de principio a fin
- Estudo previoAnalizamos a tarefa que hai que automatizar e as necesidades da túa instalación.
- PropostaAsesorámoste na elección da solución máis axeitada.
- Posta en marchaProgramamos o PLC, as pantallas HMI e o SCADA, e instalamos e poñemos en marcha a solución.
- DocumentaciónEntregámosche planos, manuais de usuario e follas de características dos equipos.
Tes un proxecto de automatización?
Cóntanos que queres controlar, supervisar ou conectar en remoto e propoñémosche a solución.
