Taller de electrónica

Reparación de variadores de velocidade

Diagnosticamos, reparamos e poñemos a punto variadores de frecuencia, accionamentos de corrente continua, arrancadores suaves e servos das principais marcas, no noso propio taller.

Experiencia

Accionamentos de principio a fin

Levamos anos traballando con variadores de velocidade en todas as súas fases: dimensionado, enxeñaría, conexionado, instalación, parametrización e, cando fai falta, reparación. Contamos con persoal especializado en accionamentos e cun departamento de taller dedicado á reparación.

Un accionamento parado pode deter unha liña enteira. Por iso combinamos a reparación en taller co mantemento preventivo, para adiantarnos ás avarías. Traballamos con variadores para aplicacións como:

  • Bombeo
  • Ventilación e climatización
  • Compresores
  • Industria alimentaria
  • Elevación
  • Manutención
  • Embalaxe
  • Maquinaria téxtil
  • Maquinaria para madeira
  • Máquinas de proceso
  • Ascensores

Que facemos

Servizos de taller e en planta

Diagnóstico e reparación

Localizamos a avaría e reparamos o equipo no noso taller.

Mantemento preventivo

Revisións periódicas para adiantarse ás avarías e alongar a vida dos equipos.

Tropicalizado de tarxetas

Protexemos as placas electrónicas fronte á humidade, o po e os ambientes agresivos.

Dimensionado e selección

Escollemos o accionamento axeitado para cada motor e cada aplicación.

Parametrización e posta en marcha

Configuramos o equipo na túa instalación e deixámolo funcionando.

Equipos novos e recambios

Subministramos accionamentos novos e recambios cando convén substituír.

Equipos e marcas

Que reparamos

  • Variadores de frecuencia
  • Variadores de corrente continua
  • Arrancadores suaves
  • Servodrives
  • Electrónica industrial

Traballamos coas principais marcas do mercado, entre outras:

  • ABB
  • Siemens
  • Schneider Electric
  • Allen-Bradley / Rockwell
  • Danfoss
  • Vacon
  • SEW
  • LS
  • Omron
  • Teko
  • Power Electronics
  • Bonfiglioli
  • Fuji Electric
  • Mitsubishi
  • Toshiba

Como traballamos

Así é unha reparación

  1. RecepciónTráesnos o equipo ao noso taller do Porriño ou avísasnos para revisalo na túa instalación.
  2. DiagnósticoLocalizamos a avaría e explicámosche que hai que reparar.
  3. ReparaciónReparamos o equipo e comprobamos o seu funcionamento antes de entregalo.
  4. EntregaDevolvémoscho listo e, se o necesitas, parametrizámolo e poñémolo en marcha na planta.

Tes un variador avariado?

Escríbenos coa marca e o modelo do equipo e dicímosche como o resolvemos.

Scroll to Top