Enxeñaría e automatización

Automatización industrial: PLC, HMI e SCADA

Programamos autómatas, pantallas HMI e sistemas SCADA, conectamos a planta con redes industriais e deixámola accesible en remoto. A enxeñaría eléctrica e os cadros facémolos nós, tanto para a pequena como para a gran industria.

Control de procesos

Programación de PLC e autómatas

Realizamos proxectos de automatización industrial en todas as súas fases, desde o estudo previo ata a posta en marcha, con autómatas e controladores dos principais fabricantes.

  • Siemens
  • TIA Portal
  • S7-1200 / S7-1500
  • Allen-Bradley / Rockwell
  • Schneider
  • ABB
  • Omron

PLCAutómatas (PLC)

Programación de autómatas e controladores para o control de máquinas e procesos, incluídos Siemens S7-1200 e S7-1500 con TIA Portal.

DCSControl distribuído (DCS / SCD)

Arquitecturas con varios controladores comunicados entre si que reparten o control do proceso.

Supervisión

Pantallas HMI e sistemas SCADA

Programamos as pantallas coas que o operador manexa a máquina e os sistemas SCADA que supervisan toda a planta desde un posto central, con históricos e alarmas.

HMIPantallas tácteis de operador (HMI)

Pantallas de operación a pé de máquina para controlar a máquina ou o proceso de forma sinxela.

WinCCSCADA con Siemens WinCC

Pantallas HMI e supervisión de planta en contornas Siemens.

FactoryTalkSCADA con Rockwell FactoryTalk

Pantallas HMI e supervisión de planta en contornas Allen-Bradley / Rockwell.

Comunicacións

Redes e comunicacións industriais

Comunicamos autómatas, pantallas, variadores e periferia mediante buses de campo e protocolos industriais, e levamos os datos da planta ata o sistema de supervisión.

  • Profinet
  • Profibus
  • Modbus RTU
  • Modbus TCP
  • EtherNet/IP
  • OPC UA
  • MQTT

Se ademais queres rexistrar e visualizar os datos de produción, consulta o noso servizo de dixitalización industrial.

Acceso remoto

Teleservizo, acceso remoto e telecontrol

Deixamos a instalación accesible en remoto para diagnosticar e resolver incidencias sen desprazarnos, e transmitimos datos e alarmas cando a instalación está lonxe ou repartida en varios puntos.

  • Teleservizo: acceso remoto ao PLC e ao HMI por VPN con routers industriais
  • Routers 4G/5G con VPN
  • Telecontrol e aviso de alarmas por GSM
  • Radioenlaces punto a punto para transmitir datos a distancia
  • Teleasistencia técnica

Ciberseguridade

Ciberseguridade industrial (OT)

Unha planta accesible en remoto ten que estar protexida. Separamos a rede de control (OT) da rede de oficina e de internet, e con devasas (firewalls) limitamos quen accede e a que equipos.

  • Segmentación de redes OT
  • Devasas (firewalls)
  • Acceso remoto por VPN

Accionamentos

Variadores de frecuencia e servoaccionamentos

Integramos na automatización de máquinas e procesos variadores de frecuencia (AC), accionamentos de corrente continua (DC) e servoaccionamentos, controlados desde o autómata.

  • ABB
  • Siemens
  • Allen-Bradley
  • LS
  • Vacon
  • Schneider
  • Danfoss

Se un equipo se avaría, tamén nos encargamos da reparación de variadores.

Oficina técnica

Do esquema ao cadro

A nosa oficina técnica deseña os esquemas eléctricos con programas profesionais como EPLAN e AutoCAD, con todo o necesario para fabricar, montar e manter a instalación.

  • Esquemas eléctricos con referencias cruzadas
  • Listaxes de borneiros, compoñentes e mangueiras
  • Deseño de armarios
  • Redacción de proxectos e legalización

Os cadros fabricámolos no noso propio taller: consulta cadros eléctricos e ATEX.

Como traballamos

Proxectos de principio a fin

  1. Estudo previoAnalizamos a tarefa que hai que automatizar e as necesidades da túa instalación.
  2. PropostaAsesorámoste na elección da solución máis axeitada.
  3. Posta en marchaProgramamos o PLC, as pantallas HMI e o SCADA, e instalamos e poñemos en marcha a solución.
  4. DocumentaciónEntregámosche planos, manuais de usuario e follas de características dos equipos.

Tes un proxecto de automatización?

Cóntanos que queres controlar, supervisar ou conectar en remoto e propoñémosche a solución.

Scroll to Top