Industria 4.0

Dixitalización industrial

Conectamos as túas máquinas e instalacións, recollemos os seus datos e convertémolos en cadros de mando en tempo real, para que tomes decisións con información fiable.

Que conseguimos

Os teus datos, á vista

Moitas plantas xeran a diario datos de produción, consumo e estado das máquinas que ninguén aproveita. Recollemos esa información dos autómatas, contadores e sensores que xa tes e presentámola en paneis claros con Grafana e ferramentas similares.

Recollida de datos

Lemos datos de autómatas, analizadores de rede, contadores e sensores, tamén de equipos de distintos fabricantes.

Cadros de mando

Paneis en tempo real con Grafana, accesibles desde o ordenador, a tableta ou o móbil.

Produción

Seguimento da produción, as paradas e o rendemento das máquinas.

Enerxía

Consumos por liña e por máquina para detectar onde se pode aforrar.

Alarmas

Avisos cando un valor sae de rango, para actuar antes de que haxa un problema.

Históricos

Datos gardados para analizar tendencias e comparar períodos.

Como traballamos

Da máquina ao panel

  1. AnáliseDefinimos contigo que queres medir e revisamos os equipos que xa tes.
  2. ConexiónInstalamos o necesario para ler os datos de forma segura.
  3. PaneisDeseñamos os cadros de mando á medida de cada usuario.
  4. AcompañamentoAxustamos os paneis co uso e ensinámosche a sacarlles partido.

Queres ver os teus datos en tempo real?

Cóntanos que máquinas ou instalacións queres controlar e propoñémosche como facelo.

Scroll to Top