
Instalacións
Instalacións eléctricas de baixa tensión
Proxectamos, montamos e poñemos en marcha instalacións eléctricas para a industria, o sector naval e as naves industriais, tanto en obra nova como en reformas e ampliacións.
Onde traballamos
Industria, buques e naves
Executamos a instalación co noso propio equipo e coordinámola coa enxeñaría e os cadros que fabricamos no noso taller, para que teñas un único interlocutor durante toda a obra.
Industria
Alimentación de máquinas e liñas de produción, canalizacións, cadros e iluminación de planta.
Naval
Instalacións eléctricas a bordo de buques, en novas construcións e en reparacións.
Naves industriais
Instalación completa da nave, desde a acometida ata a iluminación e as tomas de forza.
Servizo completo
Que inclúe
Encargámonos de todo o proceso, do proxecto á legalización, para que a instalación quede lista para funcionar.
- Proxecto eléctrico
- Montaxe e conexionado
- Posta en marcha
- Legalización e certificados
- Xestión de permisos
- Mantemento
Como traballamos
Paso a paso
- EstudoVisitamos a instalación e definimos contigo as necesidades.
- ProxectoRedactamos o proxecto eléctrico e xestionamos os permisos.
- ExecuciónMontamos a instalación co noso equipo e os nosos cadros.
- Posta en marchaProbámola, legalizámola e entregámoscha documentada.
Tes unha obra ou unha ampliación?
Cóntanos que necesitas e preparámosche unha proposta.
